páginas

20 mayo 2015

Saída á praza de abastos 1º Primaria

Boas a todos!

O pasado mércores os nenos/as de primeiro e dous nenos da aula amarela visitamos a praza de abastos de Pontevedra, donde coñecemos qué se vende neste mercado e donde atopar os diferentes productos frescos e saudabres para a nosa alimentación.

 Un grupo pasou primeiro mentres o outro esperaba nun parque onde merendaron e o pasaron en grande.











Unha vez dentro unha guía explicounos o percorrido.

Primeiro paramos na peixería para distinguir os distintos peixes que comemos a miúdo nas nosas casas; aínda que sin dúbida o que máis lles chamou a atención foi un peixe espada.



Logo paramos na floristería onde había todo tipo de flores para centros e ramos.

A continuación miramos a través do mostrador dunha carnicería e distinguimos as diferentes carnes, comprendendo que cada carne ten unha cor e sabor diferente.

Por último visitamos a froitería e alí atopamos unha gran variedade de froitas e vexetais. Os nenos/as recoñeceron todas elas!




Para finalizar a visita participamos nun concurso de debuxo e os alumnos/as debuxaron o que máis lles gustara da visita.









Ademáis, regaláronnos un globo e unha piruleta polo que resultou unha visita educativa e de lecer.



Como vedes gozaron moito desta saída que lles permitiu coñecer mellor o mercado de abastos.

14 mayo 2015

Letras galegas 2015

O día das Letras Galegas

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...

A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.

Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.

A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.

O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.

Este ano está adicado a Xosé Filgueira Valverde.

Pincha nas seguintes ligazóns para saber máis da súa biografía e obra
.

07 mayo 2015

1ºPrimaria : A paisaxe


Na materia de ciencias Sociais estamos a traballar os tipos de paisaxe, os cambios que se producen nela pola acción do ser humano e os elementos naturais ou artificiais que a conforman.

Para repasar estes contidos, deixamos varias páxinas con exercicios que lles facilitarán a comprensión deste tema.

Nas seguintes actividades deben ler atentamente o enunciado para determinar se é verdadeiro ou falso:

Tipos de paisaxe V/F

A paisaxe V/F

A costa e o mar V/F

Na seguinte actividade deben distinguir tipos de paisaxe atendendo á imaxe que lles amosan.

Por último, estas divertidas actividades interactivas funcionarán como repaso do tema:

Investiga con Pupi

Repasa con Pupi

Se queredes profundizar máis no tema, esta presentación de Slideshare amosa moitos exemplos con fotografías sobre os distintos tipos de paisaxe e aporta novas informacións. Esperamos que vos resulte interesante para comentar.

Esperamos que vos gusten estas actividades e que axuden a afianzar os novos coñecementos sobre a paisaxe que nos rodea.

06 mayo 2015

A hora. En punto / e media

Boas a todos/as.

En 1º Primaria comezamos a traballar a hora na materia de matemáticas. A hora é un concepto moi importante no que a maioría dos nenos/as se están iniciando.

Para facer esta aprendizaxe máis amena, propoñemos estes recursos interactivos nos que os alumnos/as poden practicar os seus coñecementos e profundizar no concepto de hora e media hora.

É moi importante que sigan uns pasos: fixándose nun primeiro momento na agulla corta que sinala a HORA e, logo, na posición da agulla larga que sinala os MINUTOS: se está no 12 son en punto e se está no 6 son e media. Seguindo estes sinxelos pasos pronto se decatarán do funcionamento desta medida de tempo tan importante para as nosas vidas.


Aquí vos propoñemos uns exercicios para que eles mesmos poden levar a cabo:

Escribe as horas

Relaciona

Tipos de reloxos

A hora que marca

Na seguinte actividade LIM teñen que mover as agullas do reloxo para indicar a hora que se lles pide. Nela decataránse de que hai unha agulla para as horas (a primeira que debemos mover) e unha para os minutos.

Movendo as agullas do reloxo


Esperamos que lles gusten estes recursos e que lles semellen atractivos á vez que educativos.


Un saúdo.