Crear un cómic

Boas a tod@s! Os alumn@s de 2º estiveron a traballar o formato da viñeta e o cómic/banda deseñada. Este tipo de formato ten unhas peculiaridades nas que estivemos profundizando nos últimos días: estudando algunhas viñetas ilustradas e, finalmente, elaborando un cómic en grupo sobre " As aventuras dunha pinga de auga".
Para facer unha demostración máis interactiva das partes e estructura dun cómic empregamos o seguinte recurso dixital co cal poden inventar diferentes historias e elaborar unha banda deseñada por sí mesmos de forma dixital.
Esperamos que vos guste.

Deixámosvos tamén outra páxina de similares características, podendo agora crear cómics sobre contos ou personaxes que xa coñecen como Carrapuchiña vermella.

Comentarios